Espíritu navideño nas Pontes

Espíritu navideño nas Pontes

17 de Decembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Eume

O Concello de As Pontes  abriu a cuarta edición do Concurso de Engalanado de Rúas, que permitirá que tódalas zonas do municipio, tanto do casco urbano coma do rural, se contaxien do espírito destas datas a través do traballo da propia veciñanza. Pretendese que os ponteses se impliquen na decoración dos seus propios lugares de residencia para que, entre todos os veciños e veciñas, o espírito destas datas esté presen

Ata o vindeiro mércores será posible que os colectivos veciñais que así o desexen se anoten para optar a dous premios, un de 300 euros e un segundo de 100, e a dúas placas conmemorativas deste certame, con tan só poñer empeño, ganas e moita imaxinación á hora de cambiar o aspecto dos seus barrios e rúas para ambientalos acorde coas festas que xa están en marcha. Cada barrio, rúa ou grupo de cómo mínimo catro vivendas participantes deberán manter a súa decoración entre os días 22 de decembro e 7 de xaneiro para seren visitadas polo xurado dende o vindeiro día 26.

Os folletos de inscrición xa están a desposición das entidades participantes no rexistro municipal, ubicado na pranta baixa da Casa Consistorial, ou ben na páxina web www.aspontes.org.

Sociedade