Espectacular accidente en Fene

Espectacular accidente en Fene

09 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Un vehículo envorcou na tarde de onte na estrada da Armada en Maniños (Fene) despois de golpear unha roda cunha beirarrua. Unha ambulancia do 061 trasladou aos 2 ocupantes do turismo ao Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide con feridas leves.

Arredor das 14 horas rexistrouse outro accidente na intersección da avenida das Pias e avenida do Mar en Ferrol. Tamén neste sinistro 2 persoas resultaron feridas leves e foron trasladadas ao Arquitecto Marcide.

Sociedade