Espellos, repetición, reflexo e reapropiación no Marco de Vigo

Espellos, repetición, reflexo e reapropiación no Marco de Vigo

18 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

A exposición Living Together. Estratexias para a convivencia, clausuráse este domingo 20 de setembro no museo de Arte Contemporánea de Vigo. A mostra pódese visitar no primeiro andar do museo. Nas mesmas salas inaugúrase o venres 2 de outubro a mostra colectiva Espellos / Mirrors, comisariada polo italiano Gyonata Bonvicini.

Os amantes á arte teñen dúas citas no Marco, Museo de Arte Contemporánea de Vigo. Ata este domingo pódese visitar a mostra Living Together. Estratexias para a convivencia. Producida polo Centro Cultural Montehermoso de Vitoria-Gasteiz, comisariada por Xabier Arakistain, e Emma Dexter, LIiving Together xira en torno á noción de convivencia no mundo contemporáneo, e os valores sociais e políticos que a conforman. A mostra inclúe obras de 14 artistas procedentes de diversos contextos, que exhiben pezas recentes realizadas nos últimos seis anos, e tamén producións específicas para este proxecto: fotografías, vídeos, instalacións, videoinstalacións, pinturas, esculturas, e obras noutros soportes.

A segunda das exposicións que se inaugura o venres 2 de outubro, leva o título de Espellos / Mirrors. Partindo da capacidade dos espellos para descompoñer o tempo eo espazo, a mostra presenta obras en diversos soportes que tratan temas como a repetición, o reflexo, e  a reapropiación. Unha escolma que reúne traballos radicais e experimental de 11 artistas que teñen en común a súa actitude ante as imaxes: así como o espello fai uso das propiedades e da forma dunha superficie, o seu contido é, sempre e inevitable, cambiante.

Cultura