A esperanza do mundo procede de Fene, segundo Xurxo Souto

A esperanza do mundo procede de Fene, segundo Xurxo Souto

29 de Maio, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Boa parte do mundo deposita as súas esperanzas de solución ao verquido de petróleo no Golfo de México (que xa cumpreu 41 dias) á actuación da plataforma Discoverer Enterprise, construida nos estaleiros de Fene. Manifestouno así o músico Xurxo Souto no transcurso da festa Sabemos e queremos construir barcos. O evento celebrouse no paseo marítimo de San Valentín (Fene) o sábado 29 de maio do 2010.

O deputado Francisco Jorquera interviu tamén na festa polo levantamento do veto que impide a Astano acceder ao mercado da construcción naval civil. O parlamentario lembrou que o presidente do Goberno se comprometeu a realizar xestións diante da Unión Europea para lograr o libre acceso ao mercado do estaleiro de Perlío, antes de finalizar o periodo da presidencia española.

 

O BNG de Fene organizou a festa que se prolongou desde as 12 do mediodia ata altas horas da madrugada. 

Sociedade