Está complicado pedir cita no Centro de Saúde de Fene

Está complicado pedir cita no Centro de Saúde de Fene

10 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Tres semanas vai facer que están sen centraliña de teléfonos. Esa é a situación do Centro de Saúde de Fene na Avenida do Tarrío, segundo denuncian fontes do persoal. Somentes funcionan duas liñas telefónicas provisionais que non chegan para atender a demanda.

A centralita telefónica deixou de funcionar o venres 23 de xaneiro a raiz do temporal. Persoal da compañía telefónica examinaron os aparellos e indicaron que non se podían reparar, procedendo a instalar provisionalmente duas liñas telefónicas que agora comunican continuamente.

Desde o Centro de Saúde puxeron os feitos en coñecemento da xerencia de Atención Primaria da Consellería de Sanidade e tamén do Concello de Fene. Ata o momento as solucións non chegaron e o vindeiro venres cumpriránse as tres semanas sen funcionamento da centraliña telefónica do Centro de Saúde. ¿Quén ten que solventar o problema?, pregúntanse os traballadores e traballadoras do centro.

Institucional