Estímulo á creatividade audiovisual

Estímulo á creatividade audiovisual

23 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Rematado xa o prazo de presentación de traballos, os organizadores esperan dar a coñecer esta mesma semana os dous gañadores do concurso. Os guionistas seleccionados recibirán como premio o material audiovisual profesional e o acompañamento técnico necesario para rodar a curta e plasmar nunha cinta a idea que polo de agora só está en papel.

 

A organización, segundo explicou o director do festival, Fernando Carreira “Cuchi” está a traballar xa no visionado das 287 curtametraxes que recibiron procedentes de diferentes puntos da xeografía. “Un proceso longo e difícil”, xa que son moitos os traballos presentados cunha calidade que ao entender do director é suficientemente alta como para incluílos dentro da programación do festival. Malia todo só dez deses traballos pasarán o filtro do xurado e serán proxectados na semana do festival.

 

 

Cultura