Esta fin de semana “Galicia ao vivo” continúa co “Reperkusión” en Allariz

Esta fin de semana “Galicia ao vivo” continúa co “Reperkusión” en Allariz

14 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

O ciclo “Galicia ao Vivo”, que se inclúe dentro da programación do Camiño da Música de Xacobeo 2010, continúa coa súa programación coa celebración do festival “Reperkusión”, que se celebrará desde o vindeiro 17 ao 19 de setembro no concello ourensán de Allariz. Música, circo, danza, teatro, pasarrúas ou artesanía, son algunhas das propostas que achega o programa deste festival, que este

Galicia ao Vivo patrocina os festivais de música de Galicia, impulsando a música en directo como un dos produtos máis importantes do ocio galego. Este ciclo engloba festivais musicais galegos caracterizados pola súa diversidade de estilos e temáticas. Por outra banda, “Reperkusión”pretende fomentar a creatividade, presentar novas tendencias artísticas, favorecer a integración cultural e promocionar a contorna natural na que ten lugar o festival.
 
Durante tres días, o concello de Allariz ofrecerá unha ampla proposta de ocio con actividades que se estenderán desde a mañá e ata a noite, sendo a música o prato forte do festival, aglutinando os máis variados estilos, desde a mestizaxe, electrónica ou o funky ata a rumba. Nesta oitava edición os asistentes poderán gozar co espectáculo de O´Funk´illo (Extremadura), Poutrelles Fever (Francia) ou os galegos O Jarbanzo Negro e Os Diplomaticos de Montealto, entre moitos outros. Do mesmo xeito, poderase gozar dos pasarrúas, a maxia do circo con malabares e acrobacias, ademais do VII Encontro de Malabares e Novo Circo.

Sociedade