Estamos baixo mínimos

Estamos baixo mínimos
20 de Marzo, 2020 - 12:31 h. | Publicada por Radio Fene

Os taxistas están baixo mínimos. En Fene a situación de alarma xa provocou o descenso de máis do 50% dos servizos pero eles siguen garantidoo as 24 horas.

ESCOITA O PODCAST:

Os taxis incrementan as medidas de seguridade e hixiene no interior dos veículos para evitar contaxios. O taxista debe poñer a mascarilla e os guantes en cada servizo e os clientes normalmente están facendo o mesmo. Cando baixa o cliente, os taxistas proceden a limpar e desinfectar o veículo con productos especiais. Ademais disto, o cliente debe viaxar na parte traseira respectando o metro de separación co conductor, aínda que poden levar ata duas persoas. A situación dos taxistas é mala como para todo o mundo desde que empezou o estado de alarma.

“Isto é para todos o mesmo. Estamos baixo mínimos” sinala o taxista de Fene, Luís Moure. Engade que a actividade do taxi baixou máis do 50% neste concello. Non destaca ningún servizo especial a causa da situación extraordinaria que vivimos. “Algún vai á residencia, outros ao aeroporto ou a traballar,como sempre" afirma Luís. Nas dúas paradas, en Fene e Perlío, sempre hai algún taxi. O colectivo vaise turnando para garantir o servicio as 24 horas. O desexo de Luís é o de todas as persoas coas que falamos, “Que isto se solucione canto antes e haxa o menor perxuizo para todos”.

Sociedade

Publica o teu comentario agora