Este Nadal, ¿onde ceamos?

Este Nadal, ¿onde ceamos?

09 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Cando queda só unha semana para festexar o día de  Noiteboa, de seguro que son moitas as parellas que, ano tras ano, se enfrontan a esta cuestión tan simple como tan complexa. Atopar unha vía de consenso na toma de decisións e resolver estes conflictos de parella saben ben os especialistas do centro de asesoramento “Quérote” de Ferrol. E dánnos algúns consellos ben sinxelos: escoller sempre a vía do diálogo e a negocia

Unha das principais premisas a ter en conta na toma de decisións na parella é que cada unha ten as súas regras propias. Pero partindo deste feito é necesario chegar a unha resolución cando existen diverxencias entre os membros. A psicóloga do centro “Quérote”, Nuria Roibal, sinala a importancia crucial da negociación ante o disentimento, anque eso signifique que unha das partes teña que renunciar ao seu parecer.
Nestas situacións, afirma Nuria Roibal, en contra da crenza xeral, non é a democrática a mellor das solucións, senon o consenso entre os membros sen provocar danos na outra persoa cos argumentos propios. De non seguir estas pautas entraría en xogo o egoísmo, algo tamén lexítimo, pero nefasto nunha relación de parella. O correcto sería entón non descalificar os argumentos dunha das partes senón telos presentes e conxugálos cós da outra.
A especialista apúntanos tamén outras solucións, poucas veces utilizadas, como é recurrir aos desexos própios da parella fronte aos impostos ou condicionados por terceiras persoas. Os desexos son lexítimos e non necesitan ningunha xustificación, xa que cada persoa ou cada parella poder ter unha idea dos festexos ou do nadal en sí mesmo que non estea acorde coa que ten a familia. Sinala tamén como recomendación a necesidade de non quedar nun camiño intermedio que deixe o conflicto sen resolver posto que esta solución só provocaría outros enfrontamentos posteriores. Así que xa saben ou “na túa casa ou na miña, cos sogros ou cos pais, ou ningunha das dúas pero, nunca con imposición.

Sociedade