Este sábado ábrese a programación gastronómica da Festa da Ostra de Arcade

Este sábado ábrese a programación gastronómica da Festa da Ostra de Arcade

03 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Arrincou esta tarde a festa da Ostra cunha homenaxe ao que fora Patrón maior de Arcade durante máis 30 anos, Manuel Pazos Vázquez. O acto comezou ás 18:00 horas na Casa Consistorial. Pazos xubilouse o pasado ano logo de toda unha vida adicada ao mar, xa que ademais de ocupar a presidencia da confraría durante máis de tres décadas, tamén desenvolveu outros cargos a nivel provincial e estatal relacionados co sector pesqueiro.

A programación gastronómica da XXIII edición da festa da ostra comezará ás seis da tarde de mañá coa apertura das casetas de degustacións. Este ano o concello porá a disposición dos visitantes máis de 100.000 unidades do bivalvo que se venderán ao mesmo prezo do anos pasado, catro euros, para evitar que a crise económica afecte aos asistentes. O día grande será o domingo coa apertura das casetas a partir das dez e a lectura do pregón que correrá a cargo do xornalista Fernando Franco. O Concello espera superar os 30.000 visitantes que, ao igual que na anterior edición, disporán dun aparcadoiro con máis de 2000 prazas nas inmediacións da fábrica de Pontesa.

Sociedade