Estimulación diante do Alzheimer

A inscripción está aberta nos SS SS municipais.
22 de Xaneiro, 2020 - 12:54 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Fene ofrece terapias de estimulación cognitiva para persoas afectadas de alzheimer e outras demencias. Os obradoiros desenvólvensa os martes e xoves no Centro Sociocomunitario.

O Concello de Fene ofrece terapias de estimulación cognitiva para persoas afectadas de alzheimer e outras demencias. O alcalde, Gumersindo Galego, e o presidente de AFAL, Francisco Pantín, explican que a participación ten custe cero e que as sesións se celebran os martes e xoves de 18 a 20 h no Centro Sociocomunitario. A inscrición está aberta no Centro Municipal de Servizos Sociais de Fene e tamén en Afal Ferrolterra, encargada de guiar os talleres.

Animaron esta mañá ás familias coidadoras de persoas con alzheimer e outras demencias a solicitar a participación no programa de terapias que o Concello ofrece para as persoas afectadas. Un programa de obradoiros de estimulación cognitiva que busca retardar o avance da doenza e mellorar a calidade de vida. A participación é completamente gratuíta e as sesións están guiadas por Afal Ferrolterra –Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias-.

A inscrición está aberta e pode formalizarse no Centro Municipal de Servizos Sociais de Fene ou en Afal Ferrolterra. Os obradoiros celébranse dúas veces á semana, os martes e os xoves, de 18 a 20 horas no Centro Sociocomunitario. Arrancaban en outubro e nelas participan neste momento cinco veciñas e veciños.

Sociedade

Publica o teu comentario agora