Estréase dous anos despois o ‘biopic’ sobre Ian Curtis

Estréase dous anos despois o ‘biopic’ sobre Ian Curtis

08 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O biopic rodado por Corbijn –célebre realizador de videoclips, fotógrafo de rock e retratista de cabeceira dos propios Joy Division, así como de U2 ou Depeche Mode- tira da biografía escrita pola muller de Curtis, a quen este abandoara por unha xornalista belga. Así as cousas, a longametraxe protagonizada por Sam Riley e Samantha Morton fala das relacións persoais do cantante, pero tamén da súa traxectoria musical, da maneira na que a epilepsia condicionou a súa vida, e da súa impoñente presenza escénica. Curtis matouse aos 23 anos de idade, pero o post-punk, canta aínda coa súa voz escura e atormentada.

Cultura