Estrea de B.I.C. nos Duplex de Ferrol

Estrea de B.I.C. nos Duplex de Ferrol

04 de Maio, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os cines Duplex de Esteiro vestiranse de gala o venres para a estrea mundial de “ B.I.C. Brigada de investigación criminal” a segunda curtametraxe dun grupo de xoves ferroláns, Diego Freire, Gabriel Bescos y Raquel Rodríguez que están detrás de Woo Producciones. Con apenas 18 anos xa coñeceron o éxito a comezos deste ano co seu primeiro traballo "Atrápado en el tiempo". 

"B.I.C." foi, segundo declaran, o primeiro guión serio que escribiron, aínda que del pode esperarse unha comedia do absurdo, na líña de "Aterriza como puedas"ou dos Hermanos Marx; unha comedia sinxela, parodia do policíaco e cercana ao público. A rodaxe de BIC realizouse no centro de Ferrol e a maior parte xira arredor da investigación dun detective no interior dunha casa.

Nacidos en Ferrol e estudates do instituto Concepción Arenal, apenas con 18 anos,  tiveron a creatividade e a valentía suficientes como para dar os seus primeiros pasos no mundo audiovisual. Foi no mes de xaneiro cando presentaron o seu primeiro e exitoso  corto: “Atrapado en el tiempo”  tamén nos Cines Duplex. Os tres compleméntanse á perfección; Diego escribe e prepara os guións, Gabriel encárgase da montaxe e Raquel é a conciencia do trio, a que controla o traballo.

Traballaron despois na curtametraxe que se estrea esta semana nos Duplex e xa preparan o que agardan sexa o seu traballo máis maduro e que xa ten nome: "Madre". Estes xoves ferroláns seguen con admiración os traballos de cineastas como Woody Allen, Clint Eastwood, Spielberg ou os irmáns Coen. A estrea de B.I.C.  será este venres 7 de maio, ás 5 da tarde nos Duplex de Esteiro.

Sociedade