EU contra Morenés

EU pide a comparecencia de Morenés polo adiamento da construcción das fragatas en Navantia Ferrol
31 de Xaneiro, 2019 - 09:07 h. | Publicada por Radio Fene

Segundo afirma EU, o empeño en impoñer un armamento concreto (indo en contra dos criterios da Armada) para favorecer ao grupo de empresas vinculadas a Morenés deron lugar ao adiamento do proxecto técnico necesario para dar luz verde a construción das fragatas.

Esquerda Unida de Fene presentará no pleno de febreiro unha moción de reprobación do Ex Ministro Pedro Morenés polo adiamento e parálización dos contratos das fragatas F-110 para os asteleiros de Navantia Ferrol. Un proxecto de 4.000 millóns de euros que garantía 10 anos de carga de traballo para o asteleiro e que retrasou a posta en marcha dun contrato para a construcción de 5 fragatas en NAVANTIA Ferrol.

EU de Fene pedirá, no pleno do dia 7, a comparecencia do ex ministro Pedro Morenés no Congreso dos Diputados para explicar a paralización do proxecto técnico así como o motivo de ir en contra do criterio da Armada en canto a instalacións dos mísiles Sea Ceptor. Proporá tamén  instar ao Goberno Central a valorar a denuncia destes feitos ante a Fiscalía.

Sociedade

Publica o teu comentario agora