ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O portavoz do grupo municipal de EU de Fene maniféstase proclive a apoiar os Orzamentos do 2010. Sánchez cré oportuno que o pleno lles dea paso para desbloquear moitas accións municipais.
EU apoiará probablemente os Orzamentos de fene do 2010 que están nun proceso de debate entre o grupo de goberno e os grupos da oposición. Serán os afiliados de EU os que decidan o respaldo ou non ás contas municipais pero o portavoz do grupo municipal en Fene, Manuel Sánchez, manifestouse proclive a botar unha man.
Para o voceiro de EU, nos orzamentos deste ano de crise, debe primar a conxelación de impostos, ainda que iso conleve menos ingresos. No capitulo de investimentos, estes deben dirixirse a cubrir as primeiras necesidades dos veciños, debe primar a contención do gasto corrente, ir saldando as débedas cos proveedores e mirar de que o endebedamento non se dispare.