Eu decido

Eu decido

13 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Estas noticias veñen coincidir coa campaña da MMM pola ampliación dos dereitos legais das mulleres ao aborto. No ano 2008 a MMM recollía máis de 5000 sinaturas de mulleres autoinculpándose de ter abortado para contrarrestar as ameazas e o control da dereita sobre as mulleres e sobre os profesionais da sanidade. E tamén para ampliar os supostos da lei e que a sanidade pública se implique no dereito á interrupción do embarazo.

 

O vindeiro venres , no Ateneo de Ferrol, preséntase a publicación sobre a historia do aborto e a sua situación en Europa e no Estado español.

No acto estará tamén a médica e docente, Lola Ferreiro, autora dunha Unidade didáctica sobre educación afectivo- sexual.

 

O domingo 31 de maio, a MMM celebrará en Compostela un acto simbólico dentro da mesma campaña “Eu decido” . “O maio reivindicativo” que consistirá na elaboración de alfombras florais na praza da Quintana. 

 

Sociedade