Eu quero pintar como Murillo

Eu quero pintar como Murillo
18 de Marzo, 2020 - 05:38 h. | Publicada por Radio Fene

Primeira entrega de Felipe Bello Piñeiro (O Seixo-Mugardos. 1886- 1952). A formación.

ESCOITA O PODCAST:

Escoita a Andrés Mosquera, autor do libro "Felipe Bello Piñeiro" de Edicións do Castro. 1989

http://173.255.131.18/audio/180320MOSQUERA.mp3

“Felipe, neniño, tu de maior qué te gustaría ser?

Yo quiero pintar como Murillo”.

Dín as fontes orais, vecinos do Seixo, que respondía o pequeno Felipe, demostrando así a súa pronta vocación. Un don tiña este neno que non sería outra cousa na súa vida que pintor. Un pintor que chega a ser máis trascendental do que podería suponerse, unha vez que nos adentramos na súa evolución e sobretodo na súa obra. Unha obra prolífica e polifacética que reúne nada menos que 700 creacions, entre óleos, acuarelas e técnicas mixtas, espalladas entre moitos particulares.

Felipe Bello Piñeiro escribía por última vez o 23 de setembro de 1952 nas páxinas do seu diario: “Amanezo bebido. O día está gris e eu encóntrome no meu elemento. Eu non sei en qué consistirá a felicidade para os demais. Para min consiste en esquecer a vida puramente vexetativa que fago. Non hai esperanzas, nin remedio, cada día máis vello, pupas por todos lados, todas as amistades que coñezo son… Algúns non: un nome, Manolo F. Barreiro”. Corenta e sete días despois, o 9 de decembro dese mesmo ano, tras unha curta agonía, faleceu. Postrado no seu leito, o pintor concedía a última entrevista ao seu amigo José Mª López Ramón, na que manifestaba: “Quero que diga que creo na Escuela Ferrolana de Pintura e en Ferrol, nos meus amigos e enemigos. En todos eles, creo”.

En Ferrol é onde Felipe vai estudar ( no colexio Sagrado Corazón de Jesús) ata que remata e o Instituto de A Coruña lle otorga o título de bachelerato en 1900. Nese ano ingresa na Escola de Artes e Oficios, recibindo unha formación estrictamente académica na modalidade de pintura, fronte ás ideas renovadoras que se estaban a dar noutros ámbitos artísticos. O rápido progreso do noso protagonista nas diferentes disciplinas fai que os seus  mestres o animen a ampliar estudos na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando en Madrid. Na capital instálase un noviño Felipe Bello Piñeiro.

Era 1901 e el tiña só 15 anos. Alí recibe clases de paisaxe – que será no futuro a súa maior paixón- encadrado nun posromanticismo e no realismo académico. Cando nace Bello Piñeiro en 1886, Inglaterra xa recoñecía a obra de Turner ou Constable. Francia vé como Coubert abría paso ao impresionismo. En España, a paisaxe romántica e Jenaro Pérez Villamil empeza a olvidarse, sendo ocupada a súa cátedra de paisaxe en San Fernando por sucesivos artistas. En Madrid, unha excepción quizás no desenvolvemento artístico do país, atopou Bello Piñeiro a oportunidade de coñecer a pintura do seu tempo. Os seus óleos e acuarelas son loubados polo público e a crítica que viron nel a esperanza galega na arte da paisaxe, nunha España aínda moi precaria artísticamente en relación con Europa. En Madrid viviu Bello Piñeiro os primeiros 17 anos do século XX.

Despois regresa a Galicia, instalándose definitivamente no Seixo, a súa vila natal. Esa decisión será fundamental na súa vida e na súa obra. O Seixo é unha vila peculiar, diferente a todas polo capricho da natureza, un lugar que case non cambiou co paso do tempo. A fábrica da luz, o peirao… cousas que foron o marco idóneo para o "romántico fora do seu tempo" que foi Bello Piñeiro.

Esta é a primeira entrega doutros capítulos nos que queremos descubrir ao pintor de obras como “O cubo da fábrica” (Na imaxe) “Trapiche” “Loliño” ou “Cañotas” , ao pintor do Seixo.

Cultura

Publica o teu comentario agora