Eva Veiga: “A poesía non é útil, pero si necesaria”

Eva Veiga: “A poesía non é útil, pero si necesaria”

20 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O calendario depáranos mañá sábado, 21 de marzo, unha bonita conmemoración: o Día da Poesía. A Consellaría de Cultura promove a posta en marcha de tres recitais poético-musicais dentro das bibliotecas xestionadas por este departamento. Serán a cargo do grupo Ouriol, formado por Eva Veiga e os músicos Fito Ares e Bernardo Martínez. Segundo declarou Veiga en Radiofusión, cómpre conmemorar esta xornada porque a p

Para celebrar o Día da Poesía, o grupo Ouriol leva á escena o seu espectáculo De amor e morte. Trátase dunha proposta poético-musical arredor da poesía galega desde a lírica medieval á actualidade. O recital desenvolverase esta tarde na biblioteca pública da Coruña Miguel González Garcés. En Pontevedra a quenda será o luns ás sete e media na Biblioteca Pública Antonio Odriozola. E terceira cita celebrarase na Biblioteca Central de Vigo o martes ás sete. A entrada en todos os casos será libre.

 

Cultura