Exercicio de aprendizaxe, repetición e busca

Exercicio de aprendizaxe, repetición e busca
27 de Febreiro, 2020 - 10:38 h. | Publicada por Radio Fene

“Ser nai é un exercicio de aprendizaxe, repetición e busca” afirma a escritora Emma Pedreira que recoñece: “Se cadra son moi revirada cando escribo”.

ESCOITA O PODCAST:
Emma Pedreira, autora de As fauces feroces

“Fagamos un mundo novo, xuntas, no que a forza desa palabra conteña a memoria de todas nós e Emma Pedreira recolleu das mulleres que, antes, habitaban os silencios todos. É tempo, agora, de abrir páxinas e escoitar as súas voces”. Escríbeo así Eli Rios, no prólogo de As fauces feroces, o libro que hoxe comentamos no club de lectura de Radio Fene Radiofusión coa autora e con Esther Val, Tatty Lavandeira, Andrés C.M.Riveira e Henrique Sanfiz.
“un tapiz reflexivo sobre a maternidade, a sexualidade, a diversidade nos afectos e o libre albedrío. Unha composición feroz e íntima, desde o interior de catro mulleres que falan entre elas e sobre elas como o farían consigo mesmas, para procurarse”. Baia edicións presenta así o libro As fauces feroces de Emma Pedreira

 

Cultura

Publica o teu comentario agora