A experiencia da Facultade de Belas Artes toma a palabra en Cambados

A experiencia da Facultade de Belas Artes toma a palabra en Cambados

16 de Xuño, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

As obras de tres docentes da Facultade de Belas Artes, Fernando Casás, Juan Fernando de Laiglesia e Manuel Moldes, protagonizan a mostra 3 proyectos de espacio para 1 espacio, comisariada tamén polo profesor Javier Tudela. Esta selección convértese na terceira experiencia expositiva da facultade na vila, no marco dun convenio de colaboración asinado entre a Universidade e o concello en materia de divulgación artística. “É unha forma de m

Se nas edicións anteriores de 2010 e 2011 a exposición estaba formada por obras de artistas recentemente saídos da facultade, desta volta toma o relevo a veteranía dos profesores Casás, de Laiglesia e Moldes, que aceptaron este novo reto no que poñen en diálogo as súas obras. “Se a xuventude dos artistas das dúas primeiras mostras non foi en detrimento da profesionalidade e do nivel e calidade das propostas, a experiencia e o oficio non serán tampouco obstáculo para que as esculturas, pinturas e instalacións que reúne esta nova exposición estean sobradas de frescura e de saber facer”, declara o comisario da exposición. 3 proyectos de espacio para 1 espacio pódese visitar no Pazo de Torrado desde este sábado ata o 22 de xullo.

 

Esta exposición súmase ás que a Facultade de Belas Artes ten nestes momentos abertas ao público en diversos espazos expositivos da provincia de Pontevedra. A primeira inaugurada o xoves da semana pasada na Casa da Cultura Galega en Vigo, Afinidades Selectivas 5, na que docentes e ex-alumnos amosan o diálogo dos seus proxectos; a segunda, Eso sigue su curso, no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra, que mostra os traballos finais dos 20 estudantes do Máster en Arte Contemporánea e unha terceira, que se pode visitar dende este xoves no Pazo de Cultura de Pontevedra, Do final e do comezo, que recolle unha selección de proxectos do alumnado do último curso do Grao en Belas Artes.

Cultura