Expertos en patrimonio participan dende hoxe en Ferrol no curso de verán da UNED

Expertos en patrimonio participan dende hoxe en Ferrol no curso de verán da UNED

06 de Xullo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A concelleira de Educación e Cultura, Mercedes Carbajales, preside esta tarde o acto inaugural do Curso de Verán da UNED “Patrimonio cultural e construcción do coñecemento: unha aproximación multidisciplinar”. Expertos na xestión do patrimonio e profesores da distintas universidades participan nesta acción formativa que por primeira vez se celebra na cidade.

Neste Curso de Verán da UNED abordaranse, entre outras cuestión, a “Memoria Urbana de Ferrol: entre o consenso e o conflicto social” nunha charla que correrá a cargo do profesor José María Cardesín Díaz. Tamén intervirán Luis Sánchez Feijoo, membro do Instituto de Cultura e Historia Naval de Ferrol, cun relatorio sobre o “Patrimonio militar na cidade”, e o catedrátido Alfredo Vigo Trasancos, falando sobre “Arquitectura e cidade”. Porque, como explicou Susana Blanco, directora da aula da UNED en Ferrol, un dos obxectivos do curso é “poñer en valor o patrimonio ferrolano”.

Ás cinco do serán, na aula da UNED da rúa María de Ferrol, está prevista a inauguración do curso “Patrimonio cultural e construcción do coñecemento: unha aproximación multidisciplinar”. As sesións prolongaranse ate o vindeiro 10 de xullo, baixo a dirección do profesor Francisco Javier Muñoz.

Sociedade