Expoclásicos prepárase en Ferrol

Expoclásicos prepárase en Ferrol

18 de Maio, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Terceiro Salón Internacional de Vehículos e Motocicletas de Época, Expoclásicos, celebraráse no recinto feiral de Ferrol entre os dias 24 e 26 de xuño do 2011. Profisionais, afeizoados e coleccionistas de vehículos e motocicletas de época de todo o mundo daranse cita na Feria de Mostras.

O certame busca ser mostra da proxección comercial do sector dos vehículos históricos, ao mesmo tempo que quere dar cabida aos colectivos e asociacións profisionais e coleccionistas. Pretende configurar un espazo de referencia e intercambio de ideas e iniciativas desde o que dar a coñecer o seu dinamismo. O salón ocupará 7.000 metros cadrados de superficie, abertos á participación de firmas comerciais do sector. Os colectivos de afeizoados aos vehículos clásicos tamén terán o seu espazo no certame.

 

Sociedade