Expocoruña acolle o Forum Orienta co obxectivo de axudar aos mozos a elixir un futuro

Expocoruña acolle o Forum Orienta co obxectivo de axudar aos mozos a elixir un futuro

10 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Elixir unha carreira universitaria, un ciclo formativo ou, en definitiva, un futuro profesional é unha das decisións máis importantes que toman os mozos. Co obxectivo de que teñan toda a información posible á hora de escoller, a Consellería de Educación organiza o http://www.forumorienta.es//%22" target=

O Forum Orienta ofrecerá a alumnos, familias e docentes toda a información relativa á oferta formativa das universidades, Formación Profesional e ensinanzas artísticas na comunidade. A través de diferentes stands os visitantes poderán resolver as súas dúbidas sobre probas de acceso, programas de estudo, bolsas ou residencias. Unha das preguntas máis comúns fai referencia ás saídas profesionais de cada titulación, pero desde a Consellería animan a apostar sobre todo pola vocación. O director xeral de Ordenación e Calidade Universitaria, Xosé Ramón Leis, asegurou en Radiofusión que cando un alumno ten ambición profesional acaba atopando un nicho no mercado de traballo.

O programa da feira tampouco esquece o lecer e inclúe decenas de actividades lúdicas como obradoiros, charlas, demostracións prácticas ou experimentos científicos. O acceso ao Forum é libre e de balde. De momento xa confirmaron a súa asistencia máis de 15.000 alumnos duns 200 centros educativos galegos, pero a organización agarda roldar as 25.000 visitas.

Institucional