A exposición ‘Tempo de aeroportos’ aterra en Compostela

A exposición ‘Tempo de aeroportos’ aterra en Compostela

26 de Novembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por
A sede da Fundación Caixa Galicia en Santiago acolle a  exposición ‘Tempo de Aeroportos’, organizada pola entidade cultural e a Fundación Aena coa colaboración do Concello de Santiago e Xacobeo 2010. A mostra reune un total de corenta e tres obras de pintura, escultura e fotografía, acompañadas de dezasete textos literarios de destacados escritores e escritoras españois. Nesta selección, que abrangue un período comprend

Así, a Casa Grande do Pozo compostelá acollerá, ata o vindeiro 28 de febreiro de 2011, obras de pintores como Broto, Gordillo, Guinovart, Antón Lamazares ou Tàpies; de escultores como Manolo Paz, Botero ou Agustín Ibarrola; de fotógrafos como Chema Alvargonzález ou Maider López e ata unha serigrafía sobre cobre de Cristina Iglesias.  

Unha das peculiaridades da montaxe de ‘Tempo de aeroportos’ é que estas obras van acompañadas de breves narracións de destacados escritores como Rosa Regàs, Manuel Rivas, Ángeles Caso ou Luis Carandell, que evocan viaxes, voos e despedidas (Bernardo Atxaga, por exemplo, di que un aeroporto é un “espazo oposto ao da casa familiar, construído con materiais que dificilmente admiten unha pegada, semellante en moitos detalles a unha fronteira; que se trata, en fin, dun extraespazo”.    

Con esta exposición preténdese achegar o Aeroporto ao centro da cidade, coincidindo co seu 75 aniversario e a transición á nova área terminal, no ano de celebración do Xacobeo 2010. Precisamente, con motivo deste aniversario, a exposición inclúe unha maqueta da nova terminal realizada por Jesús Resino en madeira de faia e zinc e imaxes do novo aeroporto. 
 
Todas as obras forman parte da Colección Aena de Arte Contemporánea, composta por máis de 1.500 pezas que na súa maioría se encontran expostas nos aeroportos españois. 

A estreita colaboración entre a Fundación Caixa Galicia e a Fundación Aena, que se remonta xa varios anos atrás e que auspiciou varias exposicións en Galicia, permitiu poder achegar estas selectas pezas de autores españois e iberoamericanos contemporáneos á sociedade galega. 

A Fundación Aena ten entre as súas fins fomentar a cultura aeronáutica, xestionar o patrimonio histórico e artístico dos aeroportos españois e velar pola súa conservación e a súa divulgación na sociedade.

Cultura