A exposición “Lunares”, de Santiago Catalán, inaugúrase o venres en Vilalba

A exposición “Lunares”, de Santiago Catalán, inaugúrase o venres en Vilalba

24 de Agosto, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O pintor e debuxante madrileño, Santiago Catalán, será o protagonista da exposición organizada polo Instituto de Estudios Chairegos de Vilalba e que ten o título de “Lunares”. A mostra será inaugurada o vindeiro venres, 28 de agosto, ás 20.30 horas no Auditorio Municipal de Vilalba e contará coa intervención de Paco Martín, Manolo roca e o propio artista.

A exposición estará aberta ao público desde o mesmo día 28 de agosto ata o 18 de setembro no horario de costume do Auditorio Municipal.

 

 

Santiago Catalán Tobía naceu o 16 de xaneiro de 1954 en Madrid. Estudou Deseño Gráfico e Debuxo, Arquitectura Superior pola Escola de Arquitectura de Madrid. Como creador acadou varios galardóns en concursos de deseño e arquitectura e mencións nos anos 87, 90 e 92 do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, ademais dunha mención de honra no Premio Internacional de Debuxo Pérez Villamil de Ferrol. Catalán realizou o acondicionamento de espazos públicos en diversas cidades galegas e exposicións de debuxos e pinturas en Lugo, Santiago, A Coruña, Madrid ou Vilalba.

Cultura