A fábrica das mulleres

Preséntase o libro "A festa do Seixo na beira do mar..." o mércores ás 20h.
22 de Xullo, 2019 - 10:35 h. | Publicada por Radio Fene

Catro autores:  Juan Carneiro, Jorge Gómez, Miguel Rodríguez e Henrique Sanfiz asinan este libro que é toda unha revelación pola propia historia da fábrica de liño e pola presencia de Rosalía na localidade mugardesa.

ESCOITA O PODCAST:

O libro “A festa do Seixo na beira do mar...Rosalía de Castro e a fábrica” preséntase o mércores 24 de xullo na sociedade de Amigos da paisaxe galega do Seixo (Mugardos). Os autores (na imaxe) Jorge Gómez, Juán Carneiro, Miguel Rodríguez e Henrique Sanfiz, estarán acompañados no acto, do presidente da Casa-Museu Rosalía de Castro, Anxo Angueira e da alcaldesa de Mugardos, Pilar Díaz.

O libro, editado pola Deputación da Coruña e o concello de Mugardos, recrea a histora da fábrica de tecidos ubicada no Seixo que funcionou entre 1845 e 1896, sendo unha das máis lonxevas de Galicia unha das máis importantes, chegando a ter en plantel a cen mulleres, en palabras de Miguel Rodríguez.

No libro pratéxase a tese da visita de Rosalía de Castro ao Seixo, pola amizade da súa familia cos donos da fábrica, os López de la Fuente, emparentados á súa vez coa familia Baltar de Padrón, segundo desvela Henrique Sanfiz. Outro dos autores, Jorge Gómez, alude ás referencias do cronista de Neda, Antonio Vázquez Rey, da presencia de Rosalía na fábrica. A relación de Rosalía co Seixo establécese no libro tamén a través da análise do poema incluído en Cantares Gallegos “Se a vernos Marica nantronte viñeras á festa do Seixo na beira do mar” e o descarte da relación deste poema con doutras localidades galegas do mesmo nome.

En palabras de Juan Carneiro, a historia local en Galicia está a vivir un momento álxido desde comenzos do século XXI, o que nos axuda a reconstruir a historia de Galicia. O libro “A festa do Seixo na beira do mar...Rosalía de Castro e a fábrica” presentase o mércores 24 de xullo ás 20h na Sociedade Amigos da paisaxe galega do Seixo (Mugardos).

Cultura

Publica o teu comentario agora