Fábula Galénica chega á Capela

Fábula Galénica chega á Capela

08 de Xaneiro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Eume

A Biblioteca municipal de A Capela (As Neves- A Capela) acolle o mércores 9 de xaneiro ás 17h un espectáculo de títeres para o público infantil: “Fábula Galénica” a cargo da compañía, Fantoches Baj. A obra, de Ignacio Vilariño, foi galardoada co Premio Barriga Verde de textos para títeres. No espectáculo Fábula Galénica, títeres de  luva interpretan dentro dunha preciosa  radio a

Narrado coma se dun programa de teatro  radiofónico se tratase cóntase como na  comarca de Catasós ven reducidos os seus  recursos polo desexo do Rei Don Cardo de  construírse un castelo novo e desproporcionado. Isto obriga ao Burro Eduardo xunto  coa raposa, o lobo e o regato a organizárense  na súa loita contra o Rei para recuperar a  vida da fraga e a súa contorna.  
Fábula Galénica é unha metáfora das  actuais desordes ecónomicas fácil de  comprender polos rapaces que empatizan  claramente cos animais poñéndose do seu  lado. A través deles trasmíteselle, dunha  forma divertida, a importancia do respecto  polo medio ambiente, da amizade e da  honradez. Valores necesarios fronte a unha  sociedade que actúa de xeito egoísta e baixo  o dominio do consumismo.

"Fábula galénica" ten a súa orixe no  texto que leva o seu mesmo nome,  editado por (Bahía Edicións-Xunta de  Galicia, 2011), galardoado co VIII  Premio Barriga Verde de textos para  teatro de títeres na modalidade  infantil que otorga o AGADIC  (Axencia Galega das Industrias  Culturais) durante a Feira Galega de  Artes escénicas.
Con este conto o director de Fantoches  Baj, Inacio, rende homenaxe ás  narracións tradicionais, as radios de  galena e a ciencia farmacéutica.

Sociedade