Fín de semana miserable

Fín de semana miserable
26 de Xuño, 2020 - 01:46 h. | Publicada por Radio Fene

A fín de semana será gris e miserable segundo nos informa Juan Taboada de Meteogalicia.

ESCOITA O PODCAST:

Contra as tres da tarde cambia o tempo e chegan as choivas que se repetirán toda a tarde ata que se abran claros ao remate do dia. A temperatura non sofre cambios e non pasará dos 20º. O vento do SW aumenta coa chegada da fronte. Sabado e domingo preséntanse moi similares coa chegada dunha nova fronte que trae auga pola mañá e a apertura dalgún claro pola tarde. A humidade presidirá o ambiente, mentres que as temperaturas seguirán sen cambios.

Sociedade

Publica o teu comentario agora