Fíxose xustiza

O ceip Centieiras de Perlío por fín conta cun espazo cuberto para os recreos e actividades deportivas.
10 de Setembro, 2019 - 02:08 h. | Publicada por Radio Fene

A falta dun espazo cuberto no colexio Centieiras foi a asignatura pendente en Fene ata agora que se fai xustiza. Así o tomaría o profesorado, alumnos e anpas que pasaron por el ao longo dos anos.

O Concello de Fene remata as obras para cubrir a pista deportiva do CEIP Centieiras. Os traballos supuxeron un investimento próximo aos 300.000 euros e complementaranse con outros 40.000 para acondicionar as gradas. Estas actuacións fináncianse con cargo ao o remanente de tesourería e dáse así cumprimento a unha demanda da comunidade educativa, longamente reivindicada, xa que se dota ao centro dun espazo cuberto do que carecía para desenvolver as clases de ximnasia ou os recreos nos días de choiva. Estas instalacións estreanse no novo curso escolar, que comeza esta semana.

 

Institucional

Publica o teu comentario agora