Fútbol de categoría

Fútbol de categoría
31 de Outubro, 2019 - 02:07 h. | Publicada por Radio Fene

Un  equipo da Preferente Galicia visita esta fin de semana Fene. Na Copa da ría de fútbol afeccionado, o Galicia de Mugardos visita o campo do Ramo de Barallobre. Para o técnico fenés, Óscar Varela, é todo un reto que quere gozar. Tamén na mesma competición O Val, da Primeira Galicia, xogará co Perlío.

Homenaxe do Maniños ao porteiro lesionado Junior. 20 de outubro de 2019

Os tres encontros da Copa dos equipos de Fene dispútanse este venres. As once e media no campo do Pote, Maniños – Estrella. As doce no campo do Ramo, Barallobre – Galicia de Mugardos. As catro e media da tarde no campo dos Pinares, Perlío – O Val. Trátase dos oitavos de final e resolveranse a partido único.

O fútbol feminino retoma a copa o domingo. Ás 11,30 no campo do Pote vense as caras Maniños e San Sadurniño Ás 12 nos Pinares, enfróntanse Perlío co actual  líder da competición, o Galicia de Caranza.

Deportes

Publica o teu comentario agora