Fútbol feminino e de base

Fútbol feminino e de base
14 de Xuño, 2019 - 08:45 h. | Publicada por Radio Fene

O Perlío organiza a copa AFACO 2019 do futbol feminino. Dispútase mañá sábado no campo dos Pinares entre as once da mañá e a unha do mediodia. Participan As Pontes, Cultural Maniños, Amistade de Meirás e o Perlío. Serán partidos simultáneos de trinta minutos de duración. A competicion xógase co sistema de liga, segundo o técnico do Perlio feminino, Juanjo Lorenzo.

Fútbol de base

Tamén no capítulo deportivo, máis de 500 nenas e nenos, preto de medio cento de equipos de catro categorías participan no Torneo de fútbol oito que se disputa no campo de Currás de San Sadurniño desde esta tarde ata o domingo. Xogarán as categorías de alevín, benxamín, prebenxamín e feminina. Entre os clubes participantes figura o Perlio.

Deportes

Publica o teu comentario agora