Fútbol, non rugby

Fútbol, non rugby
31 de Xaneiro, 2024 - 12:01 h. | Publicada por Radio Fene

Un rival moi intenso, mesmo agresivo. Foi o que atopou o Maniños en Santa Comba na Segunda Galicia de fútbol feminino, Xallas 1-0 Maniños. Analizamos a xornada ligueira co delegado do equipo, Diego Rodríguez Rebuje, a coa xogadora Uxía Armenteros. 

 

ESCOITA O PODCAST:

“Custounos entrar no partido”, explica Diego Rodríguez. “Analizando o conxunto do partido foi un resultado xusto, aínda que na segunda parte puidemos ter traído un punto. Vin ás rapazas con moitas ganas, se seguen xogando así ao final os resultados acabaran saíndo”, sinala. “Moi leñeiras, unha cousa é xogar ao fútbol e outra ao rugby”, lamenta Uxía, que aplaude o labor da porteira “Eva tivo o mellor día da temporada e salvounos, así que grazas Eva”. O Maniños é un dos equipos que disputará a nova Copa de Ferrol de fútbol feminino. Nos cuartos de final, que se disputarán na fin de semana do 11 de febreiro, quedou emparellado co Galicia de Caranza.

 

Deportes

Publica o teu comentario agora