Fabas con ameixas ou mexillóns tigre

Ata vinteún pratos preparan mañá as sociedades de Fene na VI Festa Mariñeira de Fene
06 de Setembro, 2019 - 11:39 h. | Publicada por Radio Fene

Berberechos, mexillóns, ameixas, zamburiñas, chocos, polbo ou navallas. Productos moi cercanos que se fan grandes coas elaboracións dos veciños e veciñas de Fene na Festa Mariñeira.

ESCOITA O PODCAST:

O escenario será o mesmo, a Ribeira de Barallobre (Fene). A infraestructura será a mesma do ano pasado, dúas carpas de grandes dimensións ubicadas nas cercanías da confraría acollerán as mesas onde a xente vai disfrutar, o sabado 7 de setembro, da Festa Mariñeira. Alí se sitúan tamén os espazos onde se cociña en directo, e a barra onde se sirven os pratos e bebidas a partir das 12 da mañá. Este ano a firma "Bico de xeado" acude á festa para proporcionar unha sobremesa tamén de calidade.

Ata 21 pratos cociñarán as diferentes entidades veciñais, sociais e deportivas de Fene. 21 pratos elaborados cos productos frescos do mar que proporciona a confraría de Barallobre. Jorge López, o patrón maior da Confraría, defende a calidade dos produtos que se servirán na Festa Mariñeira, procedentes da ría de Ferrol, capturados polos mariscadores a pé e a flote de Barallobre e vendidos directamente na lonxa. En palabras do alcalde de Fene, Gumersindo Galego, o obxectivo desta festa segue a ser a promoción dos productos e do traballo dos nosos mariscadores así como a estreita colaboración entre todas as entidades sociais de Fene. A cita foi a máis desde que nacera en 2014.

Pratos que servirán as entidades sociais

Agarimo

Empanada de mexillóns 

Chocos con fabas.

AVV Limodre

Fideuá de ameixas

Espetiños crocantes de langostinos

Tortilla de berberechos

Salpicón de marisco

Liga de Amigos de Barallobre

Fabas con ameixas

Sardiñas lañadas

Tigres

Empanada de zamburiñas

Zamburiñas en salsa

O Pote/ Aetna/ Cultural Maniños de fútbol

Ameixas á mariñeira

Mexillóns ao vapor

Mexillóns tigre

Empanada de xoubas

Zamburiñas á prancha

AVV Magalofes/ Club BTT/ Radioaficionados

Ameixas salsa Magalofes

Polbo á prancha

Navallas á prancha

AVV Sillobre

Paella

Berberechos

Festival das Ondas

A Festa Mariñeira cumple seis anos e incorpora o II Festival das Ondas o mesmo sabado dia 7, a partir das 21.00h. Juan José Franco referiuse a esa parte musical que comezará con puntualidade británica, coa actuación do grupo fenés A tribo das flores e continuará con Hidrogenesse, Boyanka Kostova e Linda Guilala.

Organiza a Festa Mariñeira e o Festival das Ondas, o concello de Fene coa colaboración da Deputación da Coruña.

Institucional

Publica o teu comentario agora