Facebook seguirá por moito tempo, segundo Rafael Rodríguez

Facebook seguirá por moito tempo, segundo Rafael Rodríguez

25 de Xaneiro, 2016 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Facebook seguirá por moito tempo e de feito é a rede social con menos porcentaxe de contas inactivas. Moita xente trasladouse para a mensaxería instantánea para o whatsapp pero a pesar diso Facebook vai continuar, segundo Rafael Rodriguez de Community Net, Social Media Academy que ven de abrir as súas portas en Neda. A rede creada por Mark Zuckerberg conta co mellor sistema de campañas de publicidade e fan un bó tratamento da imaxe, e os robots de google inde

As redes sociais ofrecen plataformas de publicidade moi asequibeis para as pequenas empresas. Sabendo as técnicas e facendo unha boa configuración de campaña cun pequeño investimento, pódese chegar moi lonxe, Hai demanda para community managers en medianas e grandes empresas, pero os pequenos negocios locais tamén poden utilizar as redes, cun pequeño adestramento para comunicarse cos seus potenciais clientes. “Coidar a súa imaxe, a foto de perfil, a imaxe de portada, porque é a carta de presentación” salienta o experto en marketing dixital. Facebook e twitter tamén ofrecen á xente da terceira idade, posibilidades de gozar do tempo de lecer e de entrar en contacto con persoas de intereses comúns a través dos grupos. “Evita que a xente se sinta sóa” indica Rafael Rodriguez.

Sociedade