Facer barcos en España xa non é caro

Facer barcos en España xa non é caro

09 de Novembro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Construir un buque en España xa é máis barato que en Polonia ou Turquia. Os estaleiros noruegos son os máis caros de Europa e os asíáticos os máis asequibeis do mundo. As factorias españolas atopanse entre as máis competitivas de Europa, por calidade pero tamén por prezo.

O sector está fora do mercado, non porque deixara de ser rendible construir un barco en España, senón polo boicot que veu sofrindo desde o ano 2011, a raíz da acusación de competencia desleal encabezada por Holanda ante a Unión Europea. No sector off shore, actualmente se construen no mundo 363 buques deste tipo. 168 deles en China, 56 en Estados Unidos e 20 na India.

Nese contexto, Navantia pesentará o seu Plan Industrial o vindeiro 4 de decembro. A empresa Boston Consulting asesora na redacción do documento. A escasa carga de traballo dos estaleiros debuxa un negro panorama para a concreción dos Plans. Semanas atrás o ministro de Defensa Pedro Morenés anunciou a sú intención de promover a criación dun gran grupo industrial público- privado do sector de Defensa, onde se incluiría Navantia e tamén Indra. O titular do departamento adiantou a súa intención de levar ao Consello de Europa do 19 e 20 de decembro a nova configuración. Continua tamén sen fecharse a negociación do convenio colectivo.

Sociedade