Facer un uso racional dos recursos

Facer un uso racional dos recursos
17 de Marzo, 2020 - 11:09 h. | Publicada por Radio Fene

Facer un uso racional dos recursos é fundamental para preservar os espazos de urxencias e as UCIs para os momentos máis álxidos da enfermidade.

ESCOITA O PODCAST:

Estamos na fase inicial do desenvolvemento da enfermidade opina o presidente da Sociedade Galega de Medicina Interna. Canto tempo vai durar? Non sabemos pero temos a China como referente. Alí detectouse o coronavirus en decemebro e agardan acabar con el entre maio e xuño, como a visión máis pesimista. Para o doutor De la Fuente, en China actuaron rápido e drasticamente, en España, ao seu entender, puido facerse unha semana antes o que estamos facendo agora. E lembra esa semana de acontecementos multitudinarios de futbol, de manifestacións do 8M ou concentracións políticas.

Quedar na casa

Agora hai que cumplir estrictamente co que nos dín as autoridades. Quedar na casa é a máxima neste momento. Tamén manter as distancias entre as persoas, en un ou dos metros. "Se non queremos que esta situación dure máis tempo, hai que facer caso" declara De la Fuent, quen engade tamén o esmero na hixiene como algo fundamental. Se temos a sorte de contar con máis dun baño e un cuarto propio, mellor.

Uso racional dos recursos

Para que non cheguemos ao colapso nos hospitais, que todo é posible, o doutor recomenda facer un uso racional dos recursos. As UCIs e as Urxencias deben reservarse para as situacións graves. A medicina primaria pode resolver moitos problemas. Porque hai que ter en conta que nesta época coinciden a gripe, os problemas rinovíricos e o Covid19.

Sociedade

Publica o teu comentario agora