A faciana rockeira da Deputación de A Coruña

A faciana rockeira da Deputación de A Coruña

23 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

 Co obxectivo de promocionar aos grupos de rock da provincia, a Deputación da Coruña convoca este ano a III edición do Concurso de Rock “Deputación da Coruña”. Poderán participar nesta convocatoria todos os grupos de rock da provincia que teñan alomenos un CD editado e que non fosen premiados en anteriores edicións. O prazo de inscrición remata o vindeiro 13 de marzo.

Os interesados cumplimentarán o modelo normalizado que se pode obter nas dependencias da institución provincial ou una páxina web www.dicoruna.es. Ademais débese achegar  a seguinte documentación: relación de compoñentes da banda e instrumentos, acreditación de empadroamento na provincia da Coruña, breve biografía e dossier fotográfico ou de prensa do grupo, necesidades técnicas de montaxe e CD ou traballo discográfico que deberá ter un mínimo de catro temas compostos por eles mesmos. 

A Deputación constituirá unha comisión, composta por cinco expertos para a audición dos traballos discográficos. Seleccionará aos cinco grupos que accederán á fase final de actuación en directo.  O concerto celebrarase durante o mes de agosto nun concello da provincia da Coruña. A actuación de cada un dos grupos terá unha duración máxima de 30 minutos e a organización facilitará aos participantes o equipo de son, a iluminación e o escenario. Cada un das bandas finalistas recibirá 300 € por participar neste fase do concurso. 

O xurado do concurso estará presidido polo presidente da Deputación e formarán parte do mesmo a deputada responsable da área de Cultura da institución provincial e tres persoas de recoñecido prestixio no ámbito da música. 

O primeiro clasificado obterá un premio de 3.000 euros. O segundo e terceiro clasificados recibirán sendos premios de 1.500 euros e o cuarto e quinto clasificados acadarán un premio de 1.000 euros cada un. 

As bases completas poden consultarse no Boletín Oficial da Provincia do luns, 22 de febreiro (www.dicoruna.es/bopportal).

Sociedade