ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Fene organiza un curso o venres 29 na aula municipal para aprender a tramitar as subvencións a través das plataformas electrónicas.
O Concello de Fene abre o prazo de inscrición na xornada formativa para asociacións sobre a tramitación de subvencións online. A Aula de Informática do Concello de Fene acollerá este venres unha xornada formativa dirixida ás entidades do municipio sobre a tramitación de subvencións a través da plataforma Subtel. Será de cinco a sete da tarde, con participación gratuíta e previa inscrición no correo catic@fene.gal.
O Concello de Fene e a Deputación da Coruña, conscientes das dificultades no eido asociativo para dar cumprimento aos requisitos de tramitación de subvencións a través das plataformas electrónicas habilitadas, organizan esta xornada formativa como unha medida de impulso e achegamento ás novas tecnoloxías. Impartirá a formación unha axente do programa PEL-Concello Dixital da Deputación da Coruña. (Na imaxe, directivos no CCRD de Perlío).
Publica o teu comentario agora