Faiado o Certame de Poesía Infantil de Vilalba

Faiado o Certame de Poesía Infantil de Vilalba

12 de Xaneiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O Certame de Poesía Infantil “Nadal 2009” de Vilalba xa ten gañadores, despois de que o xurado se reunise o pasado 8 de xaneiro e emitise o seu veredicto. Este concurso, organizado pola Biblioteca Pública vilalbesa, xunto coa Consellería de Cultura e Comunicacións Social da Xunta de Galicia, premiou cun diploma acreditativo e un lote de libros a dez pequenos, que, ademais, participarán na fase provincial, organizada pola Biblioteca Provincial de Lugo. O

Así, o gañador na Categoría A, para nenos menores de 9 anos, foi o relato de  Carmen Mato Maseda, “Cara Belén”. O segundo premio foi para “A Belén”, de Alba Río Freire; mentres o terceiro foi a parar a “Xesús, Chiquito e Bonito”, de Alba Bello Palomo; ambos os tres alumnos do colexio Insúa Bermúdez.

 

 

Na Categoría B, para nenos de 9 a 12 anos, o mellor traballo foi “As postais”, de Daniel Martín Pérez, do Insúa Bermúdez; o segundo concedeuse a Ana Orosa polo seu “O Nadal”, do colexio Mato Vizoso; e o terceiro recaeu en “¿Qué é o Nadal”, de Antonio Roca Castelo, do Insúa Bermúdez.

 

Por último, na Categoría C, para cativos de mais de  12 anos, o galardón foi para “O Tempo”, de Gabrielle Shaena Pinheira de Oliveira, do Mato Vizoso. Houbo tamén tres accésits, que recaeron nos relatos “O neno Xesús”, de Lucía Basanta Trillo; “Non chores meu neniño”; de Samuel Orosa Basanta; os dous do Insúa Bermúdez; e o último foi para “Soños inesperados”, de Laura Santiso Montenegro, do Mato Vizoso.

 

O xurado estaba composto polo Concelleiro de Cultura de Vilalba, José María García-Leira Boado; o Secretario do Padroado do Hospital Asilo e profesor de lingua e literatura galega, Xosé Antonio Pombo; a representante da Gardería Muncipal, María José Ocampo Otero; a educadora social, Sara Jato Álvarez; e a representante da Biblioteca Pública, María Teresa Carreira López.

Cultura