Falan inglés que mete medo

Falan inglés que mete medo
14 de Febreiro, 2020 - 02:05 h. | Publicada por Radio Fene

O alumnado do Ceip Centieiras de Perlío demostrou que é un centro plurilíngue porque domina o Galego e domina o Inglés. demostrárono na nova entrega de "Crónicas de Centieiras" con Elizabeth, a súa auxiliar de conversa.

ESCOITA O PODCAST:

O colexio Centieiras de Perlio preséntase como un centro plurilingue. Hoxe demostrou o seu alumnado o dominio do inglés no programa Crónicas de Centieiras. Na nova entrega do programa que reproducimos integramente en radiofusión, falan de todo no que están a traballar no centro fenés. A súa incursión cultural no Camiño do Norte a Santiago de Compostela, dos preparativos do Entroido… e todo adubiado con recomendacións literarias, ou música e cancións como a Rosalía de Viravai coa que pechan esta primeira entrega do ano 2020 das “Crónicas de Centieiras”.

Cultura

Publica o teu comentario agora