Falece Paco Souto mentras traballaba na costa

Falece Paco Souto mentras traballaba na costa

30 de Marzo, 2017 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

Paco Souto – percebeiro, concelleiro do BNG en Malpica, activo escritor de poesía e membro da asociación cultural Caldeirón  – faleceu esta mañá mentras mariscaba na zona da punta de Razo, en Carballo. Polo momento descoñécense as causas do suceso no que outros tres percebeiros que traballaban na mesma zona tiveron que ser rescatados.

Os equipos de emerxencias continúan nestes momentos a traballar no lugar do suceso do que se deu a voz de alarma arredor das 12:20 horas. Un helicóptero medicalizado desprazouse ata alí para evacuar das rochas a un dos mariscadores ferido xa que segundo informan dende o 112 se atopaba nunha illada, segundo informa o portal da Costa da Morte Que pasa na costa
Sociedade