Falece un veciño de Saxamonde nun accidente na N-550

Falece un veciño de Saxamonde nun accidente na N-550

12 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

A estrada que une o concello de Redondela con O Porriño cobrouse a media tarde de onte unha nova vítima. Trátase de F.C.O. de 82 anos de idade e veciño da parroquia de Saxamonde quen perdía a vida logo de que o turismo que conducía, un SEAT Marbella, fose investido por un camión por causas que se descoñecen. O home, condutor do turismo faleceu no accidente mentres que a súa esposa de 81 anos resultou ferida grave e foi trasladada ao hospit

O tráxico suceso produciuse ás 18:00 horas cando o matrimonio circulaba pola vía en dirección a Mos. Ao lugar do suceso trasladáronse axentes de tráfico e da policía local para regular o tráfico así como membros da Garda Civil, encargado de investigar o suceso.

Sociedade