Falemos de correr

O domingo córrese a media maratón Adolfo Ros que dá a volta á ría.
27 de Novembro, 2019 - 11:47 h. | Publicada por Radio Fene

A proximidade do Nadal trae á comarca de Ferrolterra varias carreiras populares en Fene, Ares e Mugardos e a Volta á ría este domingo polos concellos de Narón, Neda, Fene e Ferrol.

Ata tres carreiras cercanas no tempo temos programado na comarca de Ferrolterra. A proba máis inmediata é a “Adolfo Ros. Volta á ría" o domingo 1 de decembro. O 29 de decembro córrese a carreira de fín de ano entre Ares e Mugardos. E a San Silvestre do concello de Fen será o sabado dia 28 de decembro.

Correr

Pode ser que as persoas que corren, que gostan de correr, xa lesen o libro do escritor xaponés Haruki Murakami “De qué falo cando falo de correr”. Se non é así, están a tempo. En 1982, o escritor xaponés Haruki Murakami, tras deixar o local de jazz que rexentaba e decidir que, en diante, se dedicaría exclusivamente a escribir, comezou tamén a correr. Ao ano seguinte correría en solitario o traxecto que separa Atenas de Maratón. Xa con numerosos libros publicados en todo o mundo, e despois de participar en moitas carreiras de longa distancia en diferentes cidades, Murakami reflexiona sobre a influencia que este deporte exerceu na súa vida e na súa obra. Faino no seu libro “De qué falo cando falo de correr”. Para Murakami, escribir e correr convertéronse nunha actitude vital.

Adolfo Ros. Volta á ría

Ata as 12 da noite de hoxe permanece aberta a posibilidade de inscribirse na “Adolfo Ros. Volta á ría” na páxina ranckr.com. A pasada fin de semana xa se vían corredores e corredoras preparándose para a proba do domingo, facendo o mesmo percorrido e estudando o terreo. A carreira sairá este domingo 1 de decembro ás 10 da mañá da Praza de Galicia de Narón, concello anfitrión este ano na saída e meta da proba que cumple 34 anos. Trátase dunha Media maratón cun percorrido de 20 Km. A través dos concellos de Narón, Neda, Fene e Ferrol.

San Silvestre de Fene

Cinco Km pola zona urbana correránse este ano na VII San Silvestre de Fene. Ven de confirmarse que se correrá o sabado 28 de decembro, con saída ás 16:30h. Saída e meta estarán diante da casa do concello. A proba está aberta a tódolos atletas, federados ou non, sen distinción de sexo ou nacionalidade. Contémplanse ata oito categorías, desde Pitufos a Absoluta que sairán progresivamente desde as 16:30h da absoluta en adiante. Correrán tamén progresivamente, desde os 100 metros ata os 5 quilómetros. Tamén se contempla unha andaina para as persoas que non poden correr, prevista para todas as idades e cun percorrido total de 2,5 quilómetros. As inscripcións fanse en carreirasgalegas.com ata o dia de noiteboa, o 24 de decembro ás 12 da noite. Non se admitirán o dia da proba. O humor é un ingrediente a maiores na carreira fenesa. (Na imaxe a San Silvestre fenesa).

Carreira fín de ano Ares- Mugardos

A carreira de fín de ano entre Ares e Mugardos cumplirá 15 anos neste 2019. Córrese o domingo 29 de decembro con saída e meta no pavillón do Cristo mugardés. Dispón de 500 prazas que se irán cubrindo a través de carreirasgalegas.com ata o 25 de decembro, o dia de Nadals erá o último. Nesta proba participan persoas maiores de 16 anos que deben neste caso percorrer 10 km.

 

Deportes

Publica o teu comentario agora