Fallos

Fallos
13 de Febreiro, 2020 - 09:37 h. | Publicada por Radio Redondela

Fallos. Con ese sinxelo pero contundente mensaxe respondeu un mariñeiro cando lle preguntaron polo accidente acaecido o pasado martes entre as illas de Ons e Sálvora.

Illa de Sálvora

O bateeiro Iván Otero “Harri” saíu con outros dous mariñeiros para comprobar se nas rochas de Ons había cría de mexillón. Un golpe de mar fixo virar a embarcación de Cambados. Tras caer ao mar, logrou chegar ao illote do Centolo, pero as ondas o arrastraron antes de que lograse poñerse a salvo. Aconteceu arredor da unha do mediodía do martes 11 de febreiro.  Efectivos de Protección Civil rastrearon pola zona das praias da Lanzada e San Vicente do Mar. Un grupo de buzos voluntarios atopou nas proximidades do lugar do afundimento o móbil e o pantalón de Iván. Esta mañá reanudaronse os labores de pescuda do mariñeiro desaparecido.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora