A falta de alcohol freou o suministro

A falta de alcohol freou o suministro
03 de Abril, 2020 - 10:36 h. | Publicada por Radio Fene

APC Servigalicia, empresa do polígono de Río do Pozo en Narón, non da servido máis produtos desinfectantes porque os provedores non dan abasto. Subministran material de limpeza e desinfectante a hospitais e a centros xeriátricos.

ESCOITA O PODCAST:

APC Servigalicia traballa estes dias ao 150%  “por desgracia” engade a xerente da empresa en Narón, Beatriz Gabeiras, consciente de que a causa é a situación de alerta sanitaria que estamos vivindo. Reciben moitísimas chamadas de teléfono demandando produtos químicos, antisépticos, luvas, máscaras, etcétera. E non so chaman de Galicia senón doutros lugares de España. A mágoa é que non dan feito porque os suministros non dan chegado “veñen a contagotas” explica Beatriz. O prioritario é servir a hospitais e xeriátricos, que xa demandan bastante. De todas maneiras, aclara Beatriz Gabeiras, a falta de suministro vaise amañando paseniño.

O alcohol e o transporte especial

Os problemas son dous, por un lado a escaseza de alcohol, o elemento básico da maioría dos desinfectantes. O segundo é o transporte, porque este tipo de produtos requiren un transporte autorizado para levalos e proceden da zona do Mediterráneo, de Valencia ou Barcelona. APC Servigalicia ten diferentes provedores, acoden a feiras, teñen moitos contactos, pero neste momento todos están igual pola falta de alcohol. Beatriz é unha experta no tipo de produtos que venden, todos co seu certificado de garantía e algún recomendado por Sanidade. É o caso de Descol, un limpador desinfectante moi asumíbel e moi usado; o Declonet, especial desinfectante para superficies (moi demandado neste momento), que se presenta en garrafas de 5 litros e se dilúe ao 10% con auga. Tamén nos fala do Gel Kol un xel hidroalcohólico para as mans moi usado nos hospitais.

APC Servigalicia vende a nivel profesional pero tamén a clientes individuais. Un pode presentarse na nave de Río do Pozo en Narón e comprar todo tipo de papel. A súa tenda enliña www.apcservigalicia.com favoreceu a apertura do mercado e hoxe en día chegan lonxe. Aínda sendo unha das empresas ás que esta crise non tratou tan mal como a outras que están pechadas, Gabeiras apunta que a outra liña á que se adican, a maquinaria, sí que está parada porque o principal sector destinatario é a hostalería e xa sabemos como está vivindo esta crise.

Sociedade

Publica o teu comentario agora