A familia confirma a identidade do corpo atopado no río Sar

A familia confirma a identidade do corpo atopado no río Sar

30 de Marzo, 2016 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

O corpo atopado na noite do martes no rio Sar, en Santiago de Compostela, é do xove ferrolán Brais Bogo, desaparecido desde o pasado dezaoito de maio, segundo confirmou o seu irmán Iago, nunha mensaxe do grupo #BuscamosaBrais na rede social Facebook.

Iago da as grazas a todos “polo apoio, o ánimo e o traballo de búsqueda, unha vez confirmou a identidade do corpo no Instituto de Medicina Legal de Galicia (IMELGA). A Policia local de Santiago participaba no operativo de busqueda do xove, e atoparon o martes o corpo sen vida, prendido nunha das marxes do río Sar. Contactaron de inmediato cos Bombeiros que tiveron que intervir para rescatar o corpo.

Segundo indica El Correo Gallego os primeiros datos da autopsia, sinalan que a causa da morte non foi violenta. 

A Policía Nacional informou ao CAE 112 Galicia do achádego ás 20:00 horas deste martes. O corpo apareceu á altura do Colexio Santa Apolonia, entre unhas matogueiras. Estaba moi desfigurado polo efecto da auga, onde levaba varios días. 
A última vez que foi visto con vida Brais Bogo Graña foi o venres 18 de marzo. A última localización do seu teléfono móbil sitúao na rúa Rosalía de Castro de Santiago, na madrugada do sábado, ás 02.00 horas. 
Ese día tiña previsto tomar o autocar desde Santiago a Ferrol para celebrar o Día do Pai pero nunca chegou a ese destino e xamais colleu ese autobús. Os seus familiares e amigos impulsaron unha campaña moi activa en redes sociais para tratar de dar co paradoiro deste mozo, que estudaba e traballaba na capital galega.
Sociedade