Familias solidarias

Familias solidarias
28 de Abril, 2024 - 12:01 h. | Publicada por Radio Fene

Chamamento ás familias de Fene para acoller nenos e nenas saharauís durante o verán. Petición da delegada para Ferrolterra da asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, Maite Martínez Pagán, que esta mañá presentou en Radio Fene a nova edición do programa “Vacacións en paz”. 

ESCOITA O PODCAST:

“Fene sempre foi acolledora, este ano de momento non temos ningunha familia, esperamos que saian”, manifestou a representante de Soliedaridade Galega co Pobo Saharauí. “Vacacións en paz” é unha iniciativa que permite a nenos e nenas saír dous meses dos campamentos no deserto e coñecer un mundo moito máis confortable. O único requisito imprescindible para ser familia acolledora é ser solidario. Hai prazo ata mediados de maio para sumarse. As persoas interesadas poden poñerse en contacto coa área de Benestar do Concello ou coa asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora