A Fashion Night vístese de branco

Fene ten unha cita festiva o 15 de xuño no comercio e na hostelería local. O famoso performance Pablo Méndez animará as rúas fenesas.
03 de Xuño, 2019 - 11:03 h. | Publicada por Radio Fene

A Fashion Night de Fene contará este ano coa colaboración de 36 locais comerciais e de hostelería. Potenciar estes sectores é o fín último desta cita que no 2019 móvese baixo o lema "Festa en branco" en alusión ás festas ibicencas.

ESCOITA O PODCAST:
fashion2019

O sabado 15 de xuño celebrase o pleno de constitución da nova corporación e da elección do alcalde. En Fene será ás 12 da mañá. E seis horas máis tarde, Fene vivirá outra emoción, a da Fashion Night, que organizan, mana man, a asociación de comercio, hostelería e servizos de Fene “O Cruceiro” e o concello de Fene. Este ano será unha gran festa ibicenca, na que a cor branca reinará por un dia en Fene. O alcalde, Gumersindo Galego, declarou a Radio Fene que o grupo que acade a alcaldía o 15 de xuño, será o que máis disfrute despois da fashion night. O concelleiro responsable de promoción económica e Turismo, Juan José Franco, anunciou que este ano estará en Fene o performance, Pablo Méndez, que fará ata tres pasarrúas denominados "Festa en branco". Un total de 36 locais de Fene participan activamente na Fashion Night deste ano, en palabras do presidente de O Cruceiro, Juan Ramos, quen agradeceu o esforzo de comercios e hosteleiros. Os primeiros terán as portas abertas ata a unha da mañá e os segundos elaborarán uns cócteles dignos de Ibiza.

As tres escolas de baile de Fene, May dance, Paso a paso e Fusion dance, actuarán nas prazas do Perla, zona de Pan Perlío e praza do concello. Os Djs dispersaranse pola praza do Perla, praza do Concello, Marqués de Figueroa á altura de Mas Sport e á altura do Son de Cociña.

Dous desfiles de moda celebraranse ás 19.00h na Praza do Perla e ás 21.00h na Praza Ramón Souto. Os pasarrúas “Festa en branco” de Pablo Méndez arrancarán, ás 18,00h por Marqués de Figueroa abaixo, desde o cruce. Ás 20:00h sairá do Concello pola Avda Naturais de Fene. O último sairá ás 23:00h desde o Conclelo pola rúa da Fraga.

Obradoiros, venda e photocall concentraranse na Praza Verde nas primeiras horas da tarde, a partir das 17.00h.

Sociedade

Publica o teu comentario agora