Feijóo “respecta” pero evita analizar a renuncia de Agustín Fernández Paz ao Premio da Cultura

Feijóo “respecta” pero evita analizar a renuncia de Agustín Fernández Paz ao Premio da Cultura

18 de Novembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

Agustín Fernández Paz “merece todo o respecto do Goberno galego”. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, despachou así a renuncia do escritor ao Premio da Cultura Galega que lle concedía o martes a Consellaría de Cultura asegurando que a situación é de “normalidade”. Feijóo salientou tralo Consello da Xunta que no xurado dos galardóns figuraban as máis senlleiras institucións do pa

O titular de San Caetano evitou referirse ás causas que motivaron a renuncia do famoso autor de literatura infantil e xuvenil a uns galardóns que a Xunta remudou respecto ao seu deseño orixinal. Os premios naceran en tempos do bipartito co nome de Premios Nacionais da Cultura e contaban cunha dotación económica que agora se lle detraeu. Isto, segundo a Plataforma Prolingua, coa que se significa Fernández Paz, supón “devaluar” a cultura galega. O escritor, contrario ao impacto do decreto do plurilingüismo na normalización do idioma galego, xa manifestara con anterioridade a súa oposición aos novos premios pola deriva que, respecto da cultura na lingua propia, estaba a adoptar a Xunta. Nesta xornada, Núñez Feijóo afirmou que as distincións “recoñecen aos mellores creadores galegos independentemente da súa ideoloxía”. 

Institucional