Feijóo critica que Zapatero negocie a financiación autonómica bilateralmente

Feijóo critica que Zapatero negocie a financiación autonómica bilateralmente

23 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, recriminoulle ao Goberno central que empregue a "fórmula bilateral" para as negociacións do financiamento autonómico e lamentou que intente "acordar entre dous o que é de todos".

 

Despois de que esta semana o vicepresidente terceiro do Goberno, Manuel Chaves, se reunise cos presidentes de Cataluña e Valencia, Feijóo confesou estar "moi preocupado" xa que, ao seu entender, a bilateralidade é unha "mala fórmula" para Galicia e para o resto das comunidades autónomas. O mandatario galego considerou que Chaves non está a empezar ben a súa labor: Así, reivindicou que o financiamento autonómico é unha cuestión de Estado e se amosou contrario a que o Goberno central se reúna cunha soa comunidade autónoma para pactar os "principios" e o "diñeiro" do novo modelo.O presidente da Xunta suxeriu ao Estado que negocie nun marco multilateral, ao que Feijóo pretende levar unha proposta consensuada con todos os partidos de Galicia. Así, recordou a súa intención de convocar aos voceiros do PPdeG, PSdeG e BNG para abordar o financiamento autonómico e tratar de alcanzar un amplo consenso de todas as forzas políticas galegas.

Sociedade